Web sobre Raça Galega
A SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA (SAGA):
A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) constitúese como
unha asociación cultural sen ánimo de lucro, fundada en agosto de 2011, e cuxos
obxectivos son a investigación e a divulgación da etnografía, da prehistoria e
da historia de Galicia, da súa cultura tradicional —tanto material como
inmaterial— e de tódolos aspectos enmarcados dentro do campo da antropoloxía
social e cultural, así como a promoción de todas aquelas actividades,
publicacións, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación,
divulgación e investigación do noso acervo cultural galego.
Para levar a cabo todo este labor, a sociedade conta coa
colaboración dun amplo número de profesionais das distintas áreas que abrangue
o proxecto. Ó abeiro da SAGA reúnense antropólogos, etnógrafos, arqueólogos,
historiadores, filólogos, artistas plásticos, técnicos en audiovisual, músicos
e moitos outros colaboradores comprometidos coa aventura cultural e social que
pilota a nosa institución.
Entre os proxectos que leva a cabo a Sociedade Antropolóxica
Galega cabe salienta-los seguintes:
• A publicación trimestral do boletín informativo da
sociedade Caderno de campo. Unha publicación gratuíta e de descarga libre na
nosa páxina web.
• A SAGA faise cargo tamén da edición e publicación do
anuario Fol de Veleno. Revista de Antropoloxía e Historia de Galiza.
• A edición da colección Cardernos etnográficos, na que se
publicarán traballos monográficos sobre distintos aspectos da etnografía e da
arqueoloxía galega.
• A realización de documentais e doutros traballos
audiovisuais que nos permitan divulga-los tesouros do patrimonio material e
inmaterial da cultura galega. Nestes momentos a SAGA ten producidos os
seguintes documentais: Sete Camiños, encrucillada do tempo, Comuneiros. Cen
anos de vida e loita polo monte de Salcedo e Metoca.
• A organización das xornadas anuais da SAGA sobre
antropoloxía galega.
• O desenvolvemento de proxectos de investigación, de
divulgación e de posta en valor do patrimonio como son o proxecto para a
creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños ou a creación do
Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega (AAANGA).
Sem comentários:
Enviar um comentário