Galicia, á cabeza de España en canto a calidade de semen
Un 57,8% dos mozos españois presentan un seme de calidade inferior ao que os médicos consideran normal.
Un estudo realizado con máis de 1.239 mostras de seme de mozos de entre 18 e 30 anos recollidas en 60 centros de reprodución asistida das 17 comunidades autónomas e dirixido polo servizo de Reprodución Asistida do Instituto Marqués deixa patende que un 57,8% dos mozos españois presentan un seme de calidade inferior ao que os médicos consideran normal, polo que poderían tardar máis do habitual en ter fillos ou poderían verse obrigados a acudir a un centro de fertilidade.
O estudo obtivo datos con interese estatístico en 6 comunidades, das cales Galicia, Andalucía e Madrid sitúanse á cabeza en canto a calidade de seme fronte á Comunidade Valenciana, Cataluña e País Vasco, onde as mostras presentaban niveis inferiores de concentración de espermatozoides.
Doutra banda, na Comunidade Valenciana un 22,7% das mostras tiñan concentracións inferiores aos 20 millóns de espermatozoides, cifra similar á de Cataluña, mentres no País Vasco a porcentaxe é dun 18,7%.Nas mostras recollidas en Galicia esta concentración -considerada como o valor máis indicativo da fertilidade- era inferior aos 20 millóns de espermatozoides por mililitro de seme en só un 8,8% de mozos; en Andalucía esa porcentaxe elévase ao 13,7% e en Madrid ao 14,8%.Segundo explicou a doutora Marisa López Teijón, unha das autoras da análise, os niveis foron aínda peores na rexión de Murcia, «pero os datos non poden ser tidos en conta porque se recolleron só 56 mostras», menos das requiridas para que os datos teñan rigor estatístico, manifestou
Ao seu xuízo, a explicación destas diferenzas reside na contaminación industrial que expón ás mulleres embarazadas aos disruptores endocrinos, as sustancias químicas que actúan no organismo como hormonas femininas e afectan ao desenvolvemento do sistema reprodutivo do feto nos primeiros meses de embarazo.
Sem comentários:
Enviar um comentário