M.R.A. na prensa
Na comunidade existe un movemento nacional-socialista de carácter propio que defende a secesión do Estado español e a creación dunha gran Gallaecia que inclúa territorios do Norte de Portugal, León e Asturias, encadrada nun proxecto paneuropeo. Os grupos que conforman esta corrente teñen nomes como Movemento de Resistência Ariana, Batalhon Galaico ou OrigeNS. Difunden a súa ideoloxía a través de internet, por medio de foros e blogs onde denuncian o “poder do sionismo e do imperio americano” e acusan os partidos nacionalistas maioritarios de ter “orientación marxista”. Así, atacan especialmente o BNG e os nacionalistas comunistas.
Ao mesmo tempo, reivindican para si as grandes figuras ideolóxicas do galeguismo: citan a Vicente Risco, Manuel Murguía e Castelao como parte dos seus referentes, ao mesmo nivel que Adolf Hitler. Seguramente debido á súa orientación nacionalista, estes grupos chocan coa corrente maioritaria no Estado, que defende un Goberno socialista no que prime o “carácter español”. Na súa propaganda, distribuída sobre todo a través da Rede, estes neonazis mesturan a simboloxía ligada ao galeguismo tradicional, como o grial ou a caracterización das sete provincias, con iconas como a cruz celta, que é empregada polos movementos do supremacismo branco.
Ademais, emiten nas súas webs comunicados, propaganda e hipóteses históricas revisionistas. Nunha ocasión, anunciaron a organización dun concerto con grupos racistas na Coruña para publicitarse. “Pretendemos redimir a nosa nación e a nosa patria do xugo do Estado español e da usura sionista internacional”. Deste xeito comeza a declaración de intencións do documento fundador do Movemento de Resistencia Ariana, que mantén contacto con outros grupos de cariz semellante en Castela e Cataluña.
Entre outras accións, celebran grelladas no aniversario de Hitler, xornadas reivindicativas conmemorando a Rudolf Hess e saudaron con insignias nazis a tumba de Eduardo Pondal o último Día da Patria Galega. Curiosamente, existen movementos de cariz semellante en outras rexións con nacionalismos periféricos. Así, en Cataluña atopamos o movemento 33 ou Cataluña Catalana e en Euskadi está presente o grupo Gipuzkoa88.
Sem comentários:
Enviar um comentário