24/03/10

Galiza antibombilhas


Menos calvos en Galicia

Un estudo constata na comunidade un risco máis reducido de alopecia, un problema que afecta sobre todo aos homes


En Galicia hai un 80% de homes con predisposición á alopecia androgenética, e un 13% de mulleres. Estas cifras converten á comunidade na de menor incidencia do problema. A media estatal é do 80% para os homes e do 16% para as mulleres.

Un estudo da multinacional de saúde capilar Svenson, realizado mediante test xenético en mil persoas, conclúe que os homes galegos son, xunto coas mulleres de Navarra, A Rioxa, Aragón e Cantabria, os que teñen menos risco en todo o país de sufrir o mal, que afecta sobre todo aos homes, pero que se observa cada vez máis nas mulleres.

«Aínda que poida parecer o contrario, a alopecia afecta tanto a homes como a mulleres, e cada vez en maior medida a estas últimas -indica Juan Carlos Vázquez, coordinador médico de Svenson-. Dado que non só trátase dun problema para a nosa imaxe persoal, senón que tamén pode danar a autoestima -prosegue-, cada vez son máis os que intentan previr e pór remedio antes de que aparezan os primeiros síntomas e xa sexa demasiado tarde para actuar».

A media española de persoas cun alto risco de padecer alopecia androgenética está no 60% da poboación maior de 18 anos, o que dá unha idea da enorme incidencia do problema.

A alopecia e a caída do cabelo, segundo o estudo, preocupan cada vez máis aos mozos galegos. Cando os pais non teñen alopecia, o risco de calvicie redúcese ao 10%.


"As bombilhas interesadas um soluçom, esta unicamente pasa pela manipulaçom genética a que actualmente nom e livre mais coma todo tarda em chegar pero chegara. Assim teus filhos nom teran os problemas diarios que afrontan @s bombilhas e outra das trabas da perfeçom sera eliminada para a melhora da humanidade "

SIM, a Implantaçom da Eugenesia


Sem comentários: